martes, 12 de marzo de 2013
GRAZAS
Remataron os 21 Días co galego na súa fase de desenvolvemento e a min, A profa (Pilar Ponte), gustaríame realizar a título persoal unha serie de agradecementos.
Grazas á meirande parte do alumnado por se implicar no proxecto máis aló do que significa un traballo académico.
Grazas ao alumnado de 1º de Bacharelato e de 2º de ESO B, C e Agrupamento pola súa comprensión cando tiven que publicar as entradas do blog a deshoras.
Grazas ás nais e pais que colaboraron co proxecto falándolles en galego aos seus fillos e fillas, especialmente aos que, coñecendo previamente o galego, o empregaron por primeira vez con eles, e aos que decidiron aprender canda eles.
Grazas especiais a Helena Villar Janeiro, Helena Gallego, Mercedes Peón e Carlos Lixó que enviaron vídeos para o proxecto que por problemas de software non puideron ser publicados.
Grazas aos compañeir@s que feisbuquearon e chiaron este proxecto.
Grazas ás preto de 12000 visitas que tivo o blog (a estimación é que do alumnado serían tirando polo alto 3000).
Grazas aos máis de 125 seguidores da páxina en Facebook e que fixeron chegar o proxecto a máis de 2000 persoas.
Grazas a todas as persoas que desinteresadamente colaboraron en 21 Días co galego poñéndome todo tipo de facilidades.
Grazas a todas as persoas coñecidas e descoñecidas que se puxeron en contacto comigo para me animar co proxecto ao longo destas tres semanas.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Graciñas a ti Pilar. Por ternos ao fío de cousas tan interesantes e frescas. Parabéns!
ResponderEliminarNasa
Da gusto ver que xente como A PROFA fan que o ensino público siga sendo de calidade. GRAZAS a ti por permitir facernos parte do teu esforzo e ilusión.
ResponderEliminarAleixo
Grazas a ti por ser como es.
ResponderEliminarPilar, grazas a ti porque es un fenómena. Bicosssssss!!!!!!!
ResponderEliminarGrazas a ti polo teu enorme traballo e a cantidade de horas e esforzo entregados de balde nunha profesión cada vez máis prexudicada. Con proxetos así e unha resposta así ...o galego e a escola pública están vivos!
ResponderEliminarPilar, un verdadeiro pracer. Parabéns polo bo traballo!Bicos
ResponderEliminarMáis grazas polos vosos comentarios.
ResponderEliminar