Instrucións

Durante estes 21 días cada día aparecerá unha entrada neste blog que che indicará o que debes facer en cada momento.

Cada día, como mínimo unha vez, deberás realizar unha gravación en vídeo (co móbil, cam, cámara de vídeo, etc.) na que darás conta de como che foi dende a conexión anterior (se avanzaches e falaches máis, ou mellor, ou en contextos diferentes, se che resulta difícil ou non, por que cres que non puideches falar máis, etc.). 

Tes que facer unha gravación diaria como mínimo pero podes gravar cando queiras sempre e cando lle teñas que dicir algo á túa cámara.

Nas gravacións sempre comezarás indicando o número do día dentro dos 21 días, p.ex. Día 5.

As gravacións entregaranse unha vez á semana a través dun pincho, non é necesario que todas as gravacións estean nun único arquivo, abondará con que estean no mesmo cartafol. O nome do cartafol deberá ter este formato:

2C ponte patiño pilar 21dcg semana 1
1A ponte patiño pilar 21dcg semana 1

Haberá días nos que, ademais disto, se che pedirá que fales dalgunha outra cuestión, nese caso poderás facelo unido á conexión diaria obrigatoria ou noutra gravación diferente.

Durante estas tres semanas tamén se realizarán outro tipo de actividades que, dependendo dos casos, se terán en conta na nota do traballo de aula ou na nota de traballo trimestral.

No blog as actividades aparecerán en tres cores:

As actividades en cor azul son de realización optativa.
As actividades en cor vermella son de realización obrigatoria. 
As actividades en cor verde son de realización obrigatoria só para o alumnado con necesidades educativas especiais. 

O alumnado con necesidades educativas especiais realizará as actividades en cor verde así como tamén aqueloutras que vaian acompañadas das letras (NEE).
 



Para calquera dúbida diríxete a pilarponteclases@gmail.com

Ánimo!

Ningún comentario:

Publicar un comentario