martes, 12 de marzo de 2013

GRAZAS



Remataron os 21 Días co galego na súa fase de desenvolvemento e a min, A profa (Pilar Ponte), gustaríame realizar a título persoal unha serie de agradecementos.

Grazas á meirande parte do alumnado por se implicar no proxecto máis aló do que significa un traballo académico.

Grazas ao alumnado de 1º de Bacharelato e de 2º de ESO B, C e Agrupamento pola súa comprensión cando tiven que publicar as entradas do blog a deshoras.

Grazas ás nais e pais que colaboraron co proxecto falándolles en galego aos seus fillos e fillas, especialmente aos que, coñecendo previamente o galego, o empregaron por primeira vez con eles, e aos que decidiron aprender canda eles.

Grazas especiais a Helena Villar Janeiro, Helena Gallego, Mercedes Peón e Carlos Lixó que enviaron vídeos para o proxecto que por problemas de software non puideron ser publicados.

Grazas aos compañeir@s que feisbuquearon e chiaron este proxecto.

Grazas ás preto de 12000 visitas que tivo o blog (a estimación é que do alumnado serían tirando polo alto 3000).

Grazas aos máis de 125 seguidores da páxina en Facebook e que fixeron chegar o proxecto a máis de 2000 persoas.

Grazas a todas as persoas que desinteresadamente colaboraron en 21 Días co galego poñéndome todo tipo de facilidades.

Grazas a todas as persoas coñecidas e descoñecidas que se puxeron en contacto comigo para me animar co proxecto ao longo destas tres semanas.






7 comentarios:

  1. Graciñas a ti Pilar. Por ternos ao fío de cousas tan interesantes e frescas. Parabéns!
    Nasa

    ResponderEliminar
  2. Da gusto ver que xente como A PROFA fan que o ensino público siga sendo de calidade. GRAZAS a ti por permitir facernos parte do teu esforzo e ilusión.

    Aleixo

    ResponderEliminar
  3. Pilar, grazas a ti porque es un fenómena. Bicosssssss!!!!!!!

    ResponderEliminar
  4. Grazas a ti polo teu enorme traballo e a cantidade de horas e esforzo entregados de balde nunha profesión cada vez máis prexudicada. Con proxetos así e unha resposta así ...o galego e a escola pública están vivos!

    ResponderEliminar
  5. Pilar, un verdadeiro pracer. Parabéns polo bo traballo!Bicos

    ResponderEliminar
  6. Máis grazas polos vosos comentarios.

    ResponderEliminar