venres, 1 de marzo de 2013

14º DÍA - Dúas semanas co galego

Está connosco María Solar, xornalista, escritora e actriz de dobraxe que ademais, dende hai uns días, é tamén candidata ao premio de Mestre Mateo 2013 ao Mellor Comunicador/ora. Vexamos que nos ten que dicir da súa "revolución".


  • Como vai a cousa? Hoxe, venres, como se presenta a fin de semana? (NEE)
  • Parabéns polos teus vídeos, estás a facelo moi ben, a partir de hoxe só tes que procurar que os vídeos duren un pouquiño máis, non fai falta que sexa no mesmo vídeo, se queres podes facer varias gravacións diferentes no mesmo día. Moito ánimo!
  • En primeiro lugar, felicitarvos pola sinceridade coa que a maioría de vós está realizando os vídeos. É moi importante que vos deades conta que as vosas análises son fundamentalmente unha reflexión con vós mesmos e resulta absurdo mentirse a un mesmo.
  • Constátase polos vosos vídeos que moitos de vós tedes gripe, e estades moi cansos (especialmente os de bacharelato), clases, deportes, exames, 21DCG... é por iso que hoxe non vai haber actividades específicas, só imos facer unhas reflexións en público entre todos. Expoñeranse algunhas aquí e logo vós nos vosos vídeos falaredes destas ou daqueloutras que vós queirades.
    • A que atribuídes que, en xeral, vos fose mellor a primeira semana ca esta segunda?
    • Por que nalgúns dos cursos que participades no proxecto credes que non sodes capaces de falar entre vós en galego cando si o estades a facer nas vosas casas ou diante da cámara?
    • Moitos de vós levades tres ou catro días dicindo o mesmo na vosa análise da xornada, cres que se non intentas avanzar nada pode haber algo diferente que poidas contar?
    • Por que credes que, en xeral, a experiencia pode estar funcionando mellor en 2º de ESO ca en 1º de bacharelato?
    • Cres que é posible que mañá, primeiro día da última semana, comeces con ganas renovadas estes sete últimos días como se fose un novo reto? 
  • María Solar fixo a súa propia revolución, que esa forza e optimismo vos axude a reflexionar xa non só acerca do galego, senón tamén sobre outras decisións e posicionamentos que tomamos na vida.
Ninguén dixo que fose fácil.

MOITO ÁNIMO!

NOTA: As persoas que non poidan realizar os vídeos ao final de cada xornada teñen a posibilidade de facer a conexión ao día seguinte, só tedes que ter en conta que ten que coincidir o número de día que poñedes no arquivo coas actividades dese día do blog.

Ningún comentario:

Publicar un comentario