2º Día - AS ORIXES
Hoxe visítanos Leandro Lamas, o pintor das cores e da alegría, nestoutro vídeo podedes coñecer algunhas das súas obras acompañadas pola música de Guadi Galego e Guillerme Fernández.
- Como che foi hoxe? Mellor ou peor ca onte? Por que?
(NEE)
Fálanos un pouco de ti: - Onde naciches? (NEE)
- En que curso estás? (NEE)
- Que profesión ten túa nai? (NEE)
- Que profesión ten teu pai? (NEE)
- Que lingua usas habitualmente? (Escolle a opción que máis se achegue á túa realidade: só castelán / predomina o castelán / castelán e galego por igual / predomina o galego / só galego)
(NEE) - Que lingua se fala habitualmente na túa casa? (Escolle a opción que máis se achegue á túa realidade: só castelán / predomina o castelán / castelán e galego por igual / predomina o galego / só galego) (NEE)
- Que persoas falan galego na túa casa? E na túa familia?
(NEE) - Contáronche algunha vez contos en galego cando eras pequeno? En caso negativo, a que cres que é debido?
(NEE) - E ensináronche xogos en galego (cancións, adiviñas...)? (NEE)
- Tes algún amigo ou amiga que fale en galego? En que lingua fala contigo? En que lingua fala co resto da xente? (NEE)
- Podes lembrar a primeira vez que falaches en galego? Cando cres que foi?
- Quen che aprendeu o galego? (NEE)
- Cres que é importante saber falar galego ou dáche igual? Por que?
Ningún comentario:
Publicar un comentario