13º DÍA - Sociolingüística coas nosas palabras
Para hoxe unha escritora que xa nos visitou no instituto, Uxía Casal.
- Vai avanzando a semana e xa entramos na conta atrás desta experiencia nosa. Como che foi o día? (NEE)
- Só 1º de Bacharelato: Uxía fálanos do luxemburgués, mira aquí algúns datos sobre a situación desta lingua. Con que outros idiomas convive? Que cres que pode pasar en Luxemburgo para que competindo con linguas como o francés e o alemán, o luxemburgués non recúe no emprego oral?
Unha vez remates de ver o documental Linguas cruzadas, contesta a seguinte cuestión:- Define, coas túas palabras, os seguintes conceptos(1):
- castrapo
- galego cerrado
- variedade estándar
- neofalante
- imposición
- normalización lingüística
(1) Actividade tirada da unidade didáctica Linguas cruzadas elaborada por Ana Iglesias Álvarez, Xunta de Galicia, 2009.
Ningún comentario:
Publicar un comentario