- Como foi o día hoxe? (NEE)
- Xa vai aló un terzo da actividade. Crías que che ía ir mellor ou peor? Cres que melloraches algo? Cres que aprendiches algo? Se tiveses que poñerte unha nota, cal sería? Xustifica as túas respostas. (NEE)
Amosando publicacións coa etiqueta eu b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta eu b>. Amosar todas as publicacións
venres, 22 de febreiro de 2013
7º DÍA - UNHA SEMANA CO GALEGO!
xoves, 21 de febreiro de 2013
6º DÍA - Día internacional da Lingua materna
![]() |
| Cartel da Xunta de Galicia do ano 1985 pertencente á campaña de promoción do uso do galego como lingua materna. |
Hoxe, 21 de febreiro é o...
DECLARACIÓN DA REDE DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA CON MOTIVO DO DÍA INTERNACIONAL DA LINGUA MATERNA
21 de febreiro de 2013
O Día Internacional da Lingua Materna, instituído pola Unesco no ano 1999, convídanos a contemplar a diversidade lingüística humana coma unha vantaxe que contribúe tanto á riqueza cultural coma ao desenvolvemento dos pobos.
[...]
A Rede de Dinamización Lingüística súmase, pois, con alegría, á celebración do Día da Lingua Materna, cuxa filosofía comparte enteiramente. E faino consciente de que a contribución de Galicia a esa diversidade lingüística, sen a que non é posible o benestar dos pobos e o desenvolvemento equilibrado, é o seu idioma propio, a lingua orixinaria e exclusiva desta terra, portadora dunha cultura particular: o galego.
Respectar e usar o galego é, xa que logo, a nosa responsabilidade e o noso deber, mais é tamén a nosa oportunidade, o noso orgullo, a nosa vantaxe, a nosa sorte.
Proporciónanos un xeito especial de estarmos no mundo; fainos únicos, irrepetibles e necesarios.
Por iso, a Rede de Dinamización Lingüística quere animar as familias, e os educadores en xeral, a transmitir a lingua galega dende a primeira infancia, impregnada da calor e do agarimo da casa.
Na primeira infancia –da man dos nosos pais e mestres- aprehendemos a realidade que nos rodea a través do filtro do idioma e da cultura, que, unidos, compoñen a urda sobre a que tecemos a nosa personalidade, a nosa identidade, o vestido que nos permitirá estarmos presentables, e mesmo campar, ante o mundo que nos rodea. Por iso ese primeiro idioma nos acompañará sempre, será sempre parte de nós, e estarmos orgullosos del axudaranos a sentirnos seguros de nós mesmos.
Quen teña como primeira lingua o galego ben pode, de feito, gabarse del. Non hai idiomas pequenos nin insignificantes, todos son un tesouro a través do que podemos expresar os nosos pensamentos e sentimentos, pero o galego satisfará tamén as expectativas de quen busque unha utilidade plasmada en cifras: hai aproximadamente 6000 linguas no mundo e o galego ten máis falantes ca 5864 delas e máis presenza en internet ca 5963 deses idiomas. É unha lingua vital e, en termos relativos, maioritaria.
As familias galegofalantes non deben ter medo de educaren os meniños na lingua coa que máis intimamente se poderán comunicar con pais e avós. Valorar e defender o propio non exclúe o respecto e o interese polo resto. O galego non será un impedimento, senón unha base segura, para aprender outras linguas, coma o castelán ou o inglés.
As familias que non falen habitualmente o idioma propio de Galicia tamén poden contribuír a defender a lingua que é patrimonio de todos os galegos cunha actitude positiva cara a ela e cara á súa promoción e mais con cancións, xogos, libros... que permitan que o galego teña presenza dende os primeiros momentos no fogar [...].
- Xa van aló 6 días, como foi a xornada? (NEE)
- Que poden facer as nais e os pais cos nenos para que aprendan galego dende que son bebés?
- Que reflexións che suxire o texto que vés de ler?
- ACTIVIDADE SÓ PARA O ALUMNADO DE BACHARELATO: A distribución da lingua inicial indica a vitalidade das linguas. Se os pais non lles transmiten a súa propia lingua aos fillos, o proceso de substitución está en marcha e invertelo resulta complexo. Os pais danlle prioridade á lingua que cren que facilita en maior medida o éxito social sobre a que serve de vehículo identitario e cultural do grupo. Fíxate na seguinte táboa cos últimos datos de lingua inicial en Galicia.
![]() |
| As columnas en verde indican os resultados do Mapa Sociolingüísitico Galego de 1992 e as columnas en laranxa os do mapa de 2004. |
E á vista destes? Que relación se establece entre tipo de hábitat e uso lingüístico?
mércores, 20 de febreiro de 2013
5º DÍA - Máis galego que algúns galegos
Hoxe pasou por 21 Días co galego, María Canosa, enxeñeira, escritora e "experta en letras" no programa Cifras e Letras da TVG. María conta, entre outros méritos, co de ter publicado a súa primeira novela, Bramido maino, con só dezaseis anos, si, coa mesma idade ca moitos de vós.
Hoxe imos visitar Eufalo.tv, onde atopamos a Claudia. Claudia é de Uruguai e leva uns anos vivindo na Pobra do Caramiñal. A súa filla fala sen problemas galego e ela tamén o intenta. Para mellorar presentouse ás probas do Celga.
- E os teus 21DCG? De momento que é o que máis che está gustando? E o que máis che está custando? (NEE)
Hoxe imos visitar Eufalo.tv, onde atopamos a Claudia. Claudia é de Uruguai e leva uns anos vivindo na Pobra do Caramiñal. A súa filla fala sen problemas galego e ela tamén o intenta. Para mellorar presentouse ás probas do Celga.
- Claudia vén de lonxe, de Uruguai, con axuda, busca nun mapa Uruguai e fíxate o lonxe que está de Galicia. Mira o ben que Claudia fala galego. Cres que ti vas ser capaz de falar coma ela?
- Sorprendeute algo deste vídeo? Por que?
- Como cres que é a actitude lingüística de Claudia cara ao galego?
- Por que cres que moitos inmigrantes se sorprenden de determinadas actitudes negativas dos galegos cara á lingua?
- Cres que debemos ter o mesmo comportamento lingüístico cun turista que cun inmigrante? Xustifica a túa resposta.
- Que pensas cando ves algún inmigrante esforzándose a falar en galego?
- Que sentes cando ves algún inmigrante falando en galego?
- Investiga que son os Celga e para que serven.
luns, 18 de febreiro de 2013
4º DÍA - FALAR
Hoxe pasaron por 21 Días co galego unhas mulleres moi festeiras, Genma Lareo e Fátima Pego, as vocalistas da orquestra París de Noia que todos coñecedes.
NETmoviola: Falar from Ana Moreiras on Vimeo.
- Hoxe foi martes, xa con dous días no instituto a túa aventura co galego vai mellor ou peor?
(NEE) - Agora mira este vídeo de Ana Moreiras que se basea no relato "Falar" do libro de Séchu Sende Made in Galiza. Logo, contesta as preguntas.(NEE)
NETmoviola: Falar from Ana Moreiras on Vimeo.
- Cales cres que poden ser as razóns dos pais de Clara para lle falaren diferente?
- Segundo Clara, falar facilita moito as cousas. Cres que facilita igual as cousas falar en galego ca en castelán? Por que? Exemplifica as túas argumentacións con casos concretos.
- Clara di que "quere practicar" e que "ten medo" de que cando vaia falar por primeira vez lle saia mal. Cres que estes dous tipos de temores son comúns aos neofalantes? Telos ti nestes días?
- Que lle dirías ás persoas que afirman que non se lanzan a falar galego porque cren que o fan mal e porque teñen medo á reacción dos demais?
domingo, 17 de febreiro de 2013
3º DÍA - O galego lingua propia
Chega o DÍA 3 e hai dous actores galegos, Monti Castiñeiras e Xan Pérez, que teñen algo que vos dicir.
Constitución Española (1978)
Título Preliminar
ARTIGO 3
- El castellano es la lengua española oficial del Estado. Todos los españoles tienen el deber de conocerla y el derecho a usarla.
- Las demás lenguas españolas serán también oficiales en las respectivas Comunidades Autónomas de acuerdo con sus Estatutos.
___________
Estatuto de Autonomía de Galicia (1981)
Título Preliminar
ARTIGO 5
- A lingua propia de Galicia é o galego.
- Os idiomas galego e castelán son oficiais en Galicia e todos teñen o dereito de os coñecer e de os usar.
- E hoxe como foi a cousa? (NEE)
- Explica coas túas palabras que significa que o galego é a lingua propia de Galicia. (NEE)
- Por que cres que o castelán é lingua oficial en Galicia?
sábado, 16 de febreiro de 2013
2º Día - AS ORIXES
- Como che foi hoxe? Mellor ou peor ca onte? Por que?
(NEE)
- Onde naciches? (NEE)
- En que curso estás? (NEE)
- Que profesión ten túa nai? (NEE)
- Que profesión ten teu pai? (NEE)
- Que lingua usas habitualmente? (Escolle a opción que máis se achegue á túa realidade: só castelán / predomina o castelán / castelán e galego por igual / predomina o galego / só galego)
(NEE) - Que lingua se fala habitualmente na túa casa? (Escolle a opción que máis se achegue á túa realidade: só castelán / predomina o castelán / castelán e galego por igual / predomina o galego / só galego) (NEE)
- Que persoas falan galego na túa casa? E na túa familia?
(NEE) - Contáronche algunha vez contos en galego cando eras pequeno? En caso negativo, a que cres que é debido?
(NEE) - E ensináronche xogos en galego (cancións, adiviñas...)? (NEE)
- Tes algún amigo ou amiga que fale en galego? En que lingua fala contigo? En que lingua fala co resto da xente? (NEE)
- Podes lembrar a primeira vez que falaches en galego? Cando cres que foi?
- Quen che aprendeu o galego? (NEE)
- Cres que é importante saber falar galego ou dáche igual? Por que?
venres, 15 de febreiro de 2013
1º Día - ARRINCAMOS!
Ola, hoxe comezamos a experiencia 21 Días co galego e hai unha persoa que vos quere dicir algo.
Agustín Fernández Paz é un dos escritores máis importantes da península Ibérica na actualidade cunha obra recoñecida a nivel internacional, para proba mirade a cantidade de premios que recibiu polo seu traballo.
Pero ademais de saber escribir, este home do vídeo, é un experto gardador de segredos. Hai pouco dous alumnos de 2ºC tiveron a oportunidade de descubrir un destes segredos, e é que Agustín, aínda que non fachendee diso, é un dos mellores tuneadores mundiais de dedicatorias.
Como mostra, mirade as que lles fixo a Alberte e Alberto polo seu premio de relatos do Samáin.
Pero ademais de saber escribir, este home do vídeo, é un experto gardador de segredos. Hai pouco dous alumnos de 2ºC tiveron a oportunidade de descubrir un destes segredos, e é que Agustín, aínda que non fachendee diso, é un dos mellores tuneadores mundiais de dedicatorias.
Como mostra, mirade as que lles fixo a Alberte e Alberto polo seu premio de relatos do Samáin.
- Hai algo que lle queiras preguntar? Se é así, fai a túa pregunta nun arquivo de vídeo indicando "Pregunta para Agustín Fernández Paz", veremos se despois quere darche unha resposta.
- Veña! Arrinca a falar! Como ves isto dos 21DCG? Cres que che será moi fácil, moi difícil? Veste capaz de chegar a falar 24 horas en galego o último día? (NEE)
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)





