12º DÍA - Linguas cruzadas
Hoxe coñeceredes a María Yáñez, unha xornalista galega pioneira en moitas das iniciativas que emprendeu, en moitas ocasións relacionadas coa defensa do galego, como é o caso de eufalo.tv, o documental que veremos hoxe ou asociación a prol da nosa lingua GalegoLab.
- Como foi a túa experiencia hoxe? (NEE)
- Xa vai aló máis da metade de 21 Días co galego. Consideras que estás a cumprir os obxectivos? Xustifica a túa resposta.
Linguas cruzadas é un documental de 50’ dirixido por María Yáñez e Mónica Ares que afonda na situación sociolingüística a través da xente nova, da primeira xeración da historia que tivo o galego como lingua oficial. Estreouse fai seis anos, o 17 de maio de 2007, e dende ese momento fíxose indispensable como retrato sociolingüístico da mocidade.
- Entre hoxe e mañá debes visionar o documental completo.
- Para 2º ESO: Que está a pasar nos recreos?
- Para 1º Bacharelato: Juanma del Río participou no proxecto relatándonos a súa biografía sociolingüística. Cales son as túas reflexións respecto ao que nos contou?
Ningún comentario:
Publicar un comentario