xoves, 7 de marzo de 2013

20º DÍA - Barbanza connection

Hoxe a música visita 21 Días co galego e por triplicado.
Leilía


Uxía Senlle


Sonia Lebedinski

 



  • Como foi a xornada? Falaches en galego? Cando? Canto? Con quen? (NEE)
  • Se falaches todo o día en galego, intentaches que a túa fala fose máis correcta? En que momento? Con que interlocutores? 
  • Se non falaches todo o día en galego analiza en que momento deixaches de facelo e porque que cres ti que pasou? Despois volviches a intentar falalo o resto do día ou xa deixaches de esforzarte? (NEE) 
  •  Imos escoitar algo que aconteceu na Radio Galega fai menos de tres meses, o 17/12/2012 no programa Pensando en ti conducido por Alberto Freire. (Vía Carta Xeométrica)


    • Cres que hai abuso por parte dalgunha das dúas persoas desta conversa?
    • Recompila os argumentos que dá a oínte para ser atendida en castelán.
    • Recompila agora os argumentos que dá Alberto Freire.
    • Segundo isto, que se fala en Ferrol?
    Pero de Ferrol tamén é Javier Gómez Noya, campión do mundo de triatlón, a quen podemos ver nun vídeo de eufalo.tv.


    • Segundo isto, que se fala en Ferrol?
    • Vendo os dous vídeos a que conclusión chegas?
    Ás veces é complexo explicar as actitudes lingüísticas diferentes que se poden dar nun mesmo lugar ou en localidades xeograficamente moi próximas. 

    Barbanza connection

    Eu son de Ribeira
    Yo soy de Puebla
    Eu son de Boiro
    Eu son de Rianxo


    En numerosos vídeos do alumnado participante en 21 Días co galego, denúnciase polos seus protagonistas que un adolescente na Pobra non fala galego con outras persoas da súa idade pero si o fala cando se despraza a Ribeira, Boiro ou Rianxo con adolescentes destas poboacións.

    • Cres que é certo isto que contan os teus compañeiros e compañeiras? Xustifica a túa resposta. (NEE)
    • A que cres que é debido?
    • Que opinión che merece?


    4 comentarios:

    1. En Puebla sempre houbo e habrá un bilinguismo armónico, e decir, a xente fala casi toda, en castelán, pero entenden o galego, e incluso o falan en terceira persoa. Hai algo que non sexa tan democrático como usar os idiomas como cada un o quer usar. Eu son galegofalante, e usuario habitual do galego. Pero comprendo, entendo, e vexo unha lóxica na cidadania da Pobra en usar o idioma que eles crean conviente.

      ResponderEliminar
    2. Non me gustaría que se entendese esta entrada noutro sentido diferente que non sexa o de reproducir algo que algúns alumnos e alumnas rexistraron nos seus vídeos.
      Ao longo deste proxecto sempre se respectou e respectará escrupulosamente o dereito de calquera cidadán a se expresar libremente na lingua que considere conveniente, o cal non quere dicir que desde un punto de vista lingüístico (que é o que aquí nos interesa, xa que este é un traballo de lingua) se poida estudar a variedade de perfís lingüísticos que se dan na sociedade galega actual.
      Saúdos e grazas por seguir o proxecto.

      ResponderEliminar
    3. Pero Antonio, home, ti tamén cres ese conto do bilingüismo harmónico?

      ResponderEliminar
    4. Totalmente certo, cada vez fálase menos galego. Ó meu parecer a causa son os perxuizos lingüísticos e ó profundo arraigo dos mesmos tanto entre os novos como maiores.

      ResponderEliminar