venres, 15 de febreiro de 2013

1º Día - ARRINCAMOS!

Ola, hoxe comezamos a experiencia 21 Días co galego e hai unha persoa que vos quere dicir algo.



Agustín Fernández Paz é un dos escritores máis importantes da península Ibérica na actualidade cunha obra recoñecida a nivel internacional, para proba mirade a cantidade de premios que recibiu polo seu traballo.
Pero ademais de saber escribir, este home do vídeo, é un experto gardador de segredos. Hai pouco dous alumnos de 2ºC tiveron a oportunidade de descubrir un destes segredos, e é que Agustín, aínda que non fachendee diso, é un dos mellores tuneadores mundiais de dedicatorias.
Como mostra, mirade as que lles fixo a Alberte e Alberto polo seu premio de relatos do Samáin.

  
  • Hai algo que lle queiras preguntar? Se é así, fai a túa pregunta nun arquivo de vídeo indicando "Pregunta para Agustín Fernández Paz", veremos se despois quere darche unha resposta.
 
  • Veña! Arrinca a falar! Como ves isto dos 21DCG? Cres que che será moi fácil, moi difícil? Veste capaz de chegar a falar 24 horas en galego o último día? (NEE)

7 comentarios:

  1. Parabéns pola iniciativa. Encántame!! Espero que eses 21 días se convertan en 21 primaveras máis para a nosa lingua para cada un/ha de vós!!! Ánimo, non é difícil, é nosa, é galega, é túa, síntea, fálaa!!!

    ResponderEliminar
  2. A máis sincera felicitación do profe de Caste.

    ResponderEliminar
  3. Parabéns, moi boa iniciativa. Qué algún rapaz pase a ser galego falante!

    ResponderEliminar