Amosando publicacións coa etiqueta Barbanza connection. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Barbanza connection. Amosar todas as publicacións

xoves, 7 de marzo de 2013

20º DÍA - Barbanza connection

Hoxe a música visita 21 Días co galego e por triplicado.
Leilía


Uxía Senlle


Sonia Lebedinski

 



  • Como foi a xornada? Falaches en galego? Cando? Canto? Con quen? (NEE)
  • Se falaches todo o día en galego, intentaches que a túa fala fose máis correcta? En que momento? Con que interlocutores? 
  • Se non falaches todo o día en galego analiza en que momento deixaches de facelo e porque que cres ti que pasou? Despois volviches a intentar falalo o resto do día ou xa deixaches de esforzarte? (NEE) 
  •  Imos escoitar algo que aconteceu na Radio Galega fai menos de tres meses, o 17/12/2012 no programa Pensando en ti conducido por Alberto Freire. (Vía Carta Xeométrica)


    • Cres que hai abuso por parte dalgunha das dúas persoas desta conversa?
    • Recompila os argumentos que dá a oínte para ser atendida en castelán.
    • Recompila agora os argumentos que dá Alberto Freire.
    • Segundo isto, que se fala en Ferrol?
    Pero de Ferrol tamén é Javier Gómez Noya, campión do mundo de triatlón, a quen podemos ver nun vídeo de eufalo.tv.


    • Segundo isto, que se fala en Ferrol?
    • Vendo os dous vídeos a que conclusión chegas?
    Ás veces é complexo explicar as actitudes lingüísticas diferentes que se poden dar nun mesmo lugar ou en localidades xeograficamente moi próximas. 

    Barbanza connection

    Eu son de Ribeira
    Yo soy de Puebla
    Eu son de Boiro
    Eu son de Rianxo


    En numerosos vídeos do alumnado participante en 21 Días co galego, denúnciase polos seus protagonistas que un adolescente na Pobra non fala galego con outras persoas da súa idade pero si o fala cando se despraza a Ribeira, Boiro ou Rianxo con adolescentes destas poboacións.

    • Cres que é certo isto que contan os teus compañeiros e compañeiras? Xustifica a túa resposta. (NEE)
    • A que cres que é debido?
    • Que opinión che merece?